Hoxe día, a área de Coloides e Interfaces desempeña un papel crave en sectores tan variados como alimentación, farmacia, cosmética, novos materiais, nanotecnoloxía, etc. Todos estes sectores atópanse entre os máis activos en canto a desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica, e por tanto, entre os que presentan unha maior capacidade de absorción de doutores cara ao futuro próximo.

A Química Supramolecular, a Nanociencia, e o control de propiedades a través de deseño molecular son expresións que cada día aparecen con máis frecuencia en textos relacionados co futuro da tecnoloxía. Gran parte das propiedades ópticas, eléctricas ou mecánicas dos materiais modernos dependen das posibilidades de deseñar nanoestructuras de compostos puros e/ou mesturas.

O uso de estruturas supramoleculares é cada vez máis frecuente na industria farmacéutica, de catalizadores, etc. Algo análogo pode dicirse respecto ao deseño de sensores químicos e biolóxicos, e á viabilidade de tecnoloxías como a “nanoelectrónica”.